Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

IDIOMA E PODER SOCIAL

“No arsenal bibliográfico de carácter científico que manexan as humanidades e, dentro delas, a socioloxía da linguaxe ou sociolingúística, hai, como é doadamente verificábel, fariña de primeira calidade e farelo. Hai obras que crían doutrina, combinan o máis rigoroso da elaboración de modelos teóricos co máis util(itario) para a transformación de pautas e condutas sociais, e resultan fundamentais, en certos momentos históricos, para orientaren e fortaleceren prácticas restauradoras de linguas en proceso de asimilación. Son alavanca, nunca obstáculo entorpecedor. Axudan á necesaria sistematización e esclarecen, tamén, a faramalla confusionista que outras obras teceron sobre o feito lingüístico e as súas graves implicacións sociais.

A obra que recensionamos pertence claramente ao grupo do primeiro elemento do binomio axiolóxico que trazamos arriba. Vanse cumprir trinta anos da súa primeira edición e mantén non só toda a súa vixencia analítica senón a súa practicidade, a súa máis plena actualidade. E non é dado histórico menor repararmos en que un libro xestado no tardofranquismo atravese a transición, sexa fundamental, premonitoriamente, na análise do marco legal-institucional que instaura o novo rexime (con herdanza ben visíbel do modelo anterior) e resulte utilísimo nos tempos actuais, onde tantos dogmas autoritarios –tamén en materia iuslingüística- volven campar sob o pretexto dunha “revisión”, eufemismo dunha ben perigosa involución que ameaza dialectalizar, residualizar, as linguas nacionais en tensión coa oficial do Estado.”

Titulo: IDIOMA E PODER SOCIAL

Autor: Rafael L. Ninyoles

Catálogo Xeral, 201

Santiago, 2005

285 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-082-0

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso