Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

CURSO DE LINGUÍSTICA XERAL

Na liña de situarmos a cultura galega no mesmo nivel que outra do seu contorno, Edicións Laiovento congratúlase en presentar ao público lector de Galiza unha referencia básica no pensamento contemporáneo, cal é este Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure.

A obra, publicada postumamente polos seus discípulos Charles Bally e Albert Sechehaye en 1916 baseándose nos apuntamentos dalgúns alumnos, marca un fito na investigación sobre o fenómeno lingüístico, pois supón o nacemento da lingüística como ciencia: conceptos tan recorrentes e até tan contestados na literatura especializada como sincronía e diacronía, lingua e fala, signo lingüístico, significante e significado, lingüística interna e lingüística externa, relacións paradigmáticas e relacións asociativas etc., deben a Saussure, en boa medida, a súa circulación, e son, desde as diferentes perspectivas con que os entenderon os lingüistas posteriores, nocións fundamentais para a reflexión lingüística.

A rigorosa tradución, realizada por Xosé Manuel Sánchez Rei, vai acompañada dun estudo introdutorio, tamén feito por este autor, sobre a figura e obra de Saussure, o estado da especulación científica na altura e a situación da lingua e da lingüística galega na época en que sae do prelo a primeira edición do Curso.

Edicións Laiovento aspira con esta publicación a reivindicar, en galego, a relevancia que tivo o Curso de lingüística xeral de Ferdinand de Saussure para a modernización das pesquisas de carácter lingüístico, sen cuxo legado se non podería comprender o desenvolvemento da lingüística ao longo do século XX.

Titulo: CURSO DE LINGUÍSTICA XERAL

Autor: Ferdinand Saussure(de)

Catálogo Xeral, 200

Santiago, 2005

417 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-077-4

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso