Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

A FORMACIÓN DO NACIONALISMO GALEGO CONTEMPORÁNEO (1963-1984)

O presente libro ten como obxectivo prioritario dar a coñecer a evolución do nacionalismo galego contemporáneo, destacando aqueles feitos e procesos considerados fundamentais para entender as dinámicas que se foron abrindo no seo do mesmo, así como o lugar e a posición dos actores que o conforman.

Desde a Unión do Povo Galego e o Partido Socialista Galego até o Bloque Nacionalista Galego, pasando polo Partido Obreiro Galego, Galiza Ceive ou o “refundado” Partido Galeguista. O autor detense tamén naquelas experiencias con pretensións unitarias, que marcaron, dun xeito ou doutro, a evolución do nacionalismo galego nos anos da Transición en Galiza, entre as que destacan o Consello e a Mesa de Forzas Políticas Galegas como dous dos principais exemplos.

O BNG ocupa un lugar fundamental, tentando responder a cándo, cómo e por qué xorde. A análise do proceso que leva á constitución da nova “Frente Nacionalista” amósase esencial para comprender a concreción organizativa orixinaria e a súa evolución.

Titulo: A FORMACIÓN DO NACIONALISMO GALEGO CONTEMPORÁNEO (1963-1984)

Autor: Manuel Anxo Fernández Baz

Catálogo Xeral, 173

Santiago, 2003

189 páxinas

ensaio

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-021-9

O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso