Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

OS EVANXELISTAS DO MERCADO

¿Onde e como se xerou a “ideoloxía” que inspira a vaga de privatizacións de empresas públicas (telecomunicacións, empresas eléctricas, liñas aéreas, camiños de ferro, autoestradas, correos...) e a introdución de criterios de mercado en moitos outros servizos oferecidos polo estado (sistema de saúde, subsidios de desemprego, educación, universidades...) padecida polos cidadáns nos últimos anos?

¿Son realmente o fruto da “modernidade” política inspirada pola defensa da “liberdade”, como garanten aqueles que as poñen en prática?

¿Serán vangarda do pensamento político proxectos como a Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales, presidida por José María Aznar e dirixida, por encomenda deste último, por un ex-ministro “socialista” da economía? ¿Ou constituirán, ao contrario, copias anacrónicas para reproducir as teorías que por outras latitudes difundiron laboratorios de ideas xa hai, no mellor dos casos, varias décadas?

Estes e outros varios interrogantes son resolvidos neste volume que Edicións Laiovento, no seu afán por abrir camiños de resposta, partilla en galego co público.

Tradución do francés: Carlos Alhegue Leira.

Titulo: OS EVANXELISTAS DO MERCADO
Os intelectuais británicos e o neoliberalismo

Autor: Keith Dixon

Catálogo Xeral, 172

Santiago, 2003

ensaio

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

91 páxinas

ISBN: 978-84-8487-028-6

prezo 10,00 €

TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
FOULA E RONSEL
VOZ E SILENCIO
FRONTE DA ARTE
IRMANDIÑAS
FÁBULA DAS AVES
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
NINGUÉN DORME
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso