Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

O TRIÁNGULO DE ÓSCAR WILDE

Os relatos que compoñen este sorprendente libro, tinxido de exotismo e sensualidade, artéllanse ao redor dunha recoñecida frase de Óscar Wilde: «O triángulo é a figura clave da xeografía sentimental». Baixo esta transgresora sentencia, os protagonistas destas narracións desenvolven as súas historias nunha atmosfera ateigada de paixóns ocultas, emocións encontradas e relacións inconfesables.

Nove relatos tensos e vibrantes que gardan no seu contido argumental espléndidos paralelismos coas controvertidas vidas de Virginia Woolf, Vicent Van Gogh, James Joyce e Nora Barnacle. Aventuras amorosas e exploracións sensoriais, a través de escenarios como Sicilia, Marrocos, Cornualles, Provenza, Yucatán e a Toscana, que nos lembran a capacidade esteticista e seductora dalgunhas paisaxes para conmovernos.

O triángulo de Óscar Wilde é tamén unha aposta decidida do autor por amosar, a través dunha coidada e fermosa linguaxe, o seu amor pola literatura, as viaxes sen destino e os personaxes que coas súas arestas exhiben a xeografía dos seus sentimentos máis intimos.

Unha viaxe intensa pola alma dos mitos, polas cidades da literatura e polo corazón desacougado dos amores imposibles, un deleitoso agasallo que esculpirá na nosa memoria a xeometría exacta dun triángulo trazado coas liñas do desexo e a seducción”.

(A. Riveiro Coello).

Titulo: O TRIÁNGULO DE ÓSCAR WILDE

Autor: Xerardo AgraFoxo

Catálogo Xeral, 169

Santiago, 2003

226 páxinas

narrativa

peto 14x21cm

ISBN: 84-8487-025-1

DÍAZ DE CASTRO: POETA EN FORMACIÓN (1914-1939)
MARGOT SPONER
VIDAS CULPÁVEIS
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
O SOL DENTRO DA CABEZA
CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso

UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
"Unha maneira de facer Europa"