Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística:
Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso segundo as opcións seleccionadas.
Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.
A partir de 1950 percíbese un cambio de estructuras territoriais en Galiza: unha certa agonía do rural e desmesura do crecemento urbano. Este proceso de deteriorización no que atinxe á vivencia do espacio analizámola a partir da teoría dos dous corpos de Mary Douglas: “O corpo social –macrocrosmos–, condiciona o modo en que percibimos o corpo físico: microcosmos”.
O terrirorio actúa como “Tellus mater” ou a Terra nai que se apoia en certos puntos umbilicais dos que o noso territorio está preñe. E a partir destes datos foise humanizando, ao longo da historia, o hábitat galego creando identidade étnica, xunto co idioma, os dous sinais máis senlleiros de identificación por mor de darmos co itinerario da conciencia galega. Analizando historicamente a poboación galega, imos penetrando nas entrañas do noso mapa, ese emblema que nos arroupa.
Título: ITINERARIO DA CONCIENCIA GALEGA
Autor: Xosé Chao Rego
Santiago, 2001
EDICIÓN IMPRESA
peto 14x21cm
268 páxinas
ISBN: 978-84-89896-89-5
prezo 15,70 €



Editorial de libros en galego de ensaio, narrativa, poesía e teatro