Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

FÁBULAS

Da vida de Esopo non se sabe case nada, pero poucas obras haberá na historia da cultura occidental que teñan influído tanto como as Fábulas do suposto escravo frixio. Mais a imaxinación creadora característica das Fábulas de Esopo quedou entoldada co didactismo das moralexas que lles chantaron en culturas posteriores, seguramente para disimular o seu “paganismo”. Por iso as desta edición non levan nengunha. Teresa Barro apoiouse sobre todo en traducións ao inglés das versións gregas e latinas e acudiu directamente aos textos máis antigos que se coñecen para estudar o significado destas Fábulas.

As versións que se apresentan neste libro son máis fieis aos primeiros textos, e, por conseguinte, máis auténticas desde o ponto de vista histórico, que moitas das que se popularizaron na Europa da Idade Media e dos tempos modernos, e o leitor poderá disfrutar, sen retóricas moralizantes nen didactismos simplistas, os diálogos entre homes, deuses e animais, e a retranca, agudeza e sagacidade dos leóns, raposos e lobos que protagonizan estas Fábulas.

Gravados: Pepe Carreiro.

Titulo: FÁBULAS

Autor: Esopo

Catálogo Xeral, 88

Santiago, 1997

narrativa

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

106 páxinas

ISBN: 978-84-87847-95-1

prezo 8,50 €

MERCAR

mercar en IMOSVER

tamén dispoñíbel noutras
plataformas da rede

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso