Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

FÁBULA DAS AVES

“Lingua morta, lingua estranxeira a dos filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Agabem que encabeza a Fábula das aves. Viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico Manuel Forcadela, sempre entregado á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos e os diversos rexistros do pensamento e das emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigurosa distribución de pés métricos, o diálogo entre acentos coloquiais e reflexión trascendente, alén doutras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela.

A vida,“esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar” constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve ás veces en formato de sátira. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía de mocidade, a dos autores de “poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda”. Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente efecto transformador do poema, cuxo sentido simbólico “non substitúe o real senón que o incrementa”, tal como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe.”

Xosé Mª Álvarez Cáccamo

Titulo: FÁBULA DAS AVES

Autor: Manuel Forcadela

Ventoalto, 8

Compostela, 2019

poesía

EDICIÓN IMPRESA

peto 14x21cm

130 páxinas

ISBN: 978-84-8487-462-1

dispoñible en IBD

prezo 15,00 €

EDICIÓN EBOOK

ISBN: 978-84-8487-463-8

prezo 7,00 €

COMEZAR A LER
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
TRES POETAS EN ESTADO DE ALARMA
UNHA CORRENTE SALVAXE. HISTORIA DUNHA DESCOÑECIDA.
OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA
FOULA E RONSEL
VOZ E SILENCIO
FRONTE DA ARTE
IRMANDIÑAS
FÁBULA DAS AVES
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso