Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · info@laiovento.gal
language
GL | EN

Pablo Nogueira

Pablo Nogueira nace no ano 1987 na ourensá vila do Carballiño. Influído polos seus irmáns maiores, dende ben pequeno comeza a escoitar música e a ler contos infantís. Cando atopa algúns dos seus debuxos animados preferidos do Xabarín Club nas páxinas da banda deseñada, comeza unha afección que rematará por desembocar nun amor incondicional pola lectura.

En Compostela estudou Maxisterio, Psicopedagoxía e un Mestrado en investigación en educación, diversidade cultural e desenvolvemento comunitario. Exerce de mestre no ensino público e de músico cos seus amigos, na banda de rock Susie Q’s e no proxecto musical instrumental Acuario Sonoro.

Publicou dous títulos de literatura infantil para a estimulación da linguaxe oral en galego, da man de Baía Edicións: “Nube Branca quere ser astronauta” (2018) e “A banda de Raimunda” (2019). En Setembro de 2019, gana o IV Certame Balbino de Relatos coa obra “Banda Sonora Orixinal”.

Información relacionada

DE BENPOSTA A LAMABOA
FAUSTO (2ª Ed.)
OS IRMÁNS DE AMÉRICA
A FIGURACIÓN GALEGA DE IRLANDA (1840-1936)
O PORTUGUÉS ESQUECIDO
DESCENTRALIZACIÓN FISCAL E DESENVOLVEMENTO
A VIAXE XEOMÉTRICA DE DOMINGO FONTÁN
AS MULHERES DA CASA DA BOUÇA DA ROUPA ESTENDIDA
DFW NAS PROFUNDIDADES DA TRISTEZA INFINITA. AS CANCIÓNS QUE LLES CANTABAS AOS CATIVOS.
PERMANENCIA
MOCIÑAS (2ª ED)
A VERDE PEL DE GAIA
RECTIFICAR A HISTORIA
O SPLEEN DE PARÍS
A REVOLUCIÓN EN MARCHA
© Edicións Laiovento, 2016-2021 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso e venda