Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Maria Pilar García Negro

María Pilar García Negro (Lugo, 9 de Outubro de 1953) é, desde 2016, profesora honoraria da Universidade da Coruña e da Universidade Senior.

As súas publicacións reférense fundamentalmente a sociolingüística, lingua e literatura galegas, con atención a autores como Rosalía de Castro, Lamas Carvajal, Castelao, Ramón Vilar Ponte, Manuel María, Uxío Novoneyra ou Marica Campo.

Colaboradora da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega (de que recebeu o premio Escritora na súa Terra), da Asociación Socio-Pedagóxica Galega e da Mesa pola Normalización Lingüística, foi co-redactora da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos e é asociada ad honorem da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas.

En 2010 obtivo o XV Premio de Ensaio Vicente Risco coa obra O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo.

En Laiovento ten publicados: Sempre en galego (1993 e 1999), Direitos lingüísticos e control político (2000), De fala a lingua: un proceso inacabado (2009), Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (2010) e Outramente (2012).

Información relacionada

FÁBULA DAS AVES
RICARDO CARVALHO CALERO: A CIENCIA AO SERVIZO DA NACIÓN (2ª Ed.)
NINGUÉN DORME
ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
© Edicións Laiovento, 2016-2019 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso