Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Victorino Gutiérrez Aller

Victorino Gutiérrez Aller (Lalín, 1937), notario xubilado, é un xurista de recoñecido prestixio pola súa contribución ao Dereito Civil, así como, singularmente, pola súa potenciación e defensa do galego no ámbito xurídico. Autor do primeiro Formulario Notarial no noso idioma, membro da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, e integrante da comisión relatora de Lei de Dereito Civil de Galicia, o seu labor neste eido ten sido distinguido con galardóns e homenaxes como a Insignia de Ouro da Irmandade Xurídica Galega e o premio honorífico da Fundación Luis Peña Novo.

Á marxe dos artigos e relatorios en publicacións especializadas, Victorino Gutiérrez Aller non nos descubrira ata o momento a súa faceta literaria. Autor unicamente do relato breve Unha historia de amor, incluído no volume colectivo Contos da xustiza, sorpréndenos agora ao publicar a súa novela Acta de vítimas.

Información relacionada

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO DE ZERNADAS
A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
EDUARDO PONDAL, O CANTOR DO EIDO NOSO
MUDANÇA POLÍTICA E SISTEMAS CULTURAIS EM TRANSIÇOM
FIN DE FESTA
O DERRADEIRO DÍA DUN CONDENADO / CLAUDE GUEUX
AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE
MICROEFECTOS DRAMATÚRXICOS
DA IDENTIDADE À NORMA
O TTIP
ACTA DE VÍTIMAS
RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN ENTRE GALIZA E MADRID 1912-1925
© Edicións Laiovento, 2016 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso