Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Rosa Mª Regueiro Ferreira

Rosa Mª Regueiro Ferreira (Santiago de Compostela, 1976) é doutora en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e magister en Economía Sectorial Internacional pola mesma universidade. Na actualidade é profesora de Economía Aplicada na Universidade da Coruña e profesora de Economía no Máster de Enerxías Renovables e Desenvolvemento Sostible da Universidade de Santiago de Compostela.

É autora da tese de doutoramento “Xénese e desenvolvemento do sector eólico en Galicia (1995-2010): marco institucional, aspectos económicos e efectos ambientais”, do libro El negocio eólico (La Catarata, 2011), así como de diversos artigos e capítulos de libros que tratan sobre o tema.

Participou en proxectos de investigación en materia de enerxía e medio ambiente, de aplicación das contas satélite e de valoración de intanxíbeis, ademais de desenvolver un importante labor de asesoría e docencia empresarial, tanto en entidades públicas como privadas.

Información relacionada

PROSAS DE COMBATE E MALDICER (2ª ED)
LINGUA GALEGA: NORMALIDADE E CONFLITO (2ª ED)
O ESTRANGULAMENTO TECNOLÓXICO DE GALIZA
A INDUSTRIA GALEGA DOS CURTUMES
SOCIALISMO EN EUROPA 2020
O ATRASO ECONÓMICO DA GALIZA (4ª ed.)
A MÁQUINA OUSADA
ADOLPHE
IDIOMA E SOCIEDADE
ALBORADA DE EDIPO
MÚSICA PARA OS DÍAS DE INVERNO
O BOSQUE SEM SAÍDA
© Edicións Laiovento, 2016-2020 · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso