Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e obter información estadística.

Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.

Para obter máis información e saber como cambiar a configuración prema aquí.

Santiago de Compostela. Galiza
+34 669 419 048 · laiovento@laiovento.com

Aurora Marco

Aurora Marco é catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega e exerce a docencia na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. No campo da investigación é autora dunha vintena de libros e de máis de cen artigos publicados en revistas especializadas e en actas de encontros científicos. As súas liñas de investigación preferentes son: Lingua, Literatura e Xénero. Da súa ampla bibliografía poden sinalarse entre outros títulos: Ramón Otero Pedrayo. Teatro Ignorado (1991), Foula e Ronsel. Os anos xuvenis de Carvalho Calero (1992), As Precursoras (1993), Mulleres e educación en Galiza (2002), Avilés de Taramancos. Un francotirador da fermosura (2003), Ramiro Paz Carbajal (1891-1936). Unha vida segada pola barbarie (2003), Áurea Lorenzo Abeijón. Queixas (2004), Dicionario de Mulleres galegas. Das orixes a 1975 (2007), Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011).

Información relacionada

ENTREMÉS GALEGO AO FELIZ E REAL PARTO DA NOSA RAÍÑA (1707)
ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA (2ª Ed.)
ECONOMÍA POR UN FUTURO SUSTENTABLE
A CASA SEN NÓS
PARTITURAS
OS SERVIZOS NO CAMBIO DE MODELO AGRARIO
ESTUDOS ATUAIS DE LINGUÍSTICA GALEGO-PORTUGUESA
A GUERRA DA GALIA
DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
NUREDIN O TAXISTA E AMEDINE O PINTOR
A OBRA XORNALÍSTICA DE JOSÉ GÓMEZ DE LA CUEVA (JOHAN CARBALLEIRA)
AO VOSO GUSTO. MEDIDA POR MEDIDA.
© Edicións Laiovento, 2019- · todos os dereitos reservados · privacidade · política de cookies · condicións de uso